Monday 29 de April de 2024

Neda celebrará este venres a XXIV edición do Festival da Canción Mariñeira


Organizado pola Agrupación Artística Lucero del Alba, co apoio do Concello, comezará ás 19:30 horas no paseo marítimo de Xuvia

Neda celebrará este venres 1 de setembro o seu Festival da Canción Mariñeira. Todo un clásico do calendario cultural local que este ano alcanzará a súa XXIV edición. Está organizado pola Agrupación Artística Lucero del Alba, e conta coa colaboración do Concello facilitando a infraestrutura e equipo técnico necesarios para desenvolver o veterán festival.

Co paseo marítimo como escenario e unha invitación aberta á cidadanía para asistir ao encontro, comezará a partir das 19:30 horas, conducido por María Porto.

Novamente, contará cun cartel de auténtico luxo integrado pola coral Costumes de Bergondo, a Rondalla Mugardesa e a formación local, a Agrupación ArtísticaLucero del Alba. Unha cita imprescindible antesala dunha fin de semana repleta de propostas de lecer ao redor da Festa do Pan de Neda, de Interese Turístico de Galicia, que celebrará o municipio o domingo.